Axuda do LibreOfficeDev 25.8
Pódense aplicar diferentes tipos de bordos ás celas seleccionadas ou en toda a táboa. Outros obxectos en documentos de texto tamén poden ter bordos definidos polo usuario. Por exemplo, pódense atribuír bordos para estilos de páxina, para marcos e para imaxes ou gráficas inseridas.
Seleccione a cela ou bloque de celas na táboa de Writer
Escolla .
Prema no separador Bordos da caixa de diálogo.
Escolla as opcións de bordo que desexa aplicar e prema en Aceptar.
As opcións da área Disposición de liña serven para aplicar diversos estilos de bordo.
Dependendo da selección de celas, a área terá unha aparencia ou outra.
| Selección | Área Disposición de liñas | 
|---|---|
| Unha cela seleccionada nunha táboa de máis dunha cela, ou un cursor dentro dunha táboa sen cela seleccionada. | 
 | 
| Táboa dunha única cela coa cela seleccionada | 
 | 
| Celas na columna seleccionada | 
 | 
| Celas na fila seleccionada | 
 | 
| Unha táboa completa de 2x2 ou máis celas seleccionadas | 
 | 
Prema nunha das iconas Predefinido para definir ou restabelecer bordos múltiplos.
A liña fina de cor gris de dentro das iconas mostra os bordos que serán restabelecidos ou limpados.
As liñas escuras de dentro das iconas mostran as liñas que serán definidas utilizando a cor e estilo de liña seleccionado.
As liñas grosas de cor gris de dentro das iconas mostran as liñas que non serán modificadas.
Select a block of about 8x8 cells, then choose Table - Properties - Borders tab.

Prema a icona esquerda para limpar todas as liñas. Isto elimina todos os bordos externos e todas as liñas internas.
Para definir un bordo externo e eliminar todas as liñas restantes prema na segunda icona da esquerda.
Prema a icona situada máis á dereita para definir un bordo externo. As liñas internas non se modifican.
Agora pode continuar a ver que liñas serán definidas ou eliminadas mediante o resto das iconas.
Pode definir ou eliminar liñas individuais na área Definido polo usuario. A visualización mostra as liñas en tres estados diferentes.
Para alternar entre os tres estados prema repetidamente nun bordo ou nun canto.
| Tipos de liña | Imaxe | Significado | 
|---|---|---|
| Unha liña negra | 
 | A liña correspondente das celas seleccionadas defínea unha liña negra. Cando se escolle o estilo de 0.05 pt móstrase unha liña punteada e cando se selecciona o estilo de liña dupla móstranse liñas duplas. | 
| Unha liña gris | 
 | Móstrase unha liña gris se non se modifica a liña correspondente das celas seleccionadas. Non será definida ou eliminada ningunha liña nesta posición. | 
| Unha liña branca | 
 | Cando se elimina a liña correspondente das celas seleccionadas móstrase unha liña branca. | 
Seleccione unha única cela nunha táboa de Writer e escolla Táboa - Propiedades - Bordos.
Seleccione un estilo de liña grosa.
Para definir un bordo inferior, prema a marge inferior varias veces ata ver a liña grosa.

Nas táboas de Writer, todas as celas teñen por omisión polo menos unha liña á esquerda e abaixo. Con todo, a maior parte das celas situadas no perímetro da táboa teñen predefinidas máis liñas.
Todas as liñas mostradas en branco na visualización serán eliminadas da cela.